
Taller Minichef Especial: Letras Galegas
16 mayo / 6:30 pm - 8:00 pm

Obradoiro sensorial de cociña para nenxs de 2 a 6 anos acompañadxs por un adultx, no que xs pequenxs exploran texturas, sabores e emocións nun ambiente lúdico, compartido e cheo de palabras que celebran a nosa lingua.
Prezo: 25 euros (adultx + nenx)
Formato: As persoas participantes levan para a casa as elaboracións.
Competencias e aprendizaxes
Neste obradoiro sensorial, xs máis pequenxs exploran o mundo da cociña acompañadxs por unx adultx. A través do xogo, a manipulación de ingredientes e actividades adaptadas, estímulanse os sentidos, fortalécese o vínculo afectivo e introdúcense nocións básicas sobre alimentación e cociña. Nesta edición especial, incorporamos receitas galegas.
Obxectivos do obradoiro
– Ofrecer unha experiencia culinaria temperá, lúdica e segura
– Fomentar a conexión emocional entre adultx e nenx mediante actividades compartidas
– Estimular o desenvolvemento sensorial a través de texturas, cores, arrecendos e sabores
– Introducir rutinas básicas de cociña: mesturar, amasar, verter, decorar
– Reforzar a autonomía dentro dun entorno protexido e acompañado
– Introducir vocabulario en galego dun xeito lúdico e natural
Elaboracións
Durante o obradoiro, cada parella (adultx + nenx) elaborará receitas sinxelas e sensoriais pensadas para estimular a curiosidade dxs máis pequenxs. O obxectivo non é o resultado final, senón o goce do proceso, a experimentación e a vivencia conxunta na cociña, con palabras que acompañan cada paso.
Pedagoxía e enfoque educativo
Os nosos obradoiros están deseñados cun enfoque vivencial e práctico. A cociña é un entorno ideal para fomentar o desenvolvemento integral dxs nenxs, combinando habilidades cognitivas, sociais e motrices. A través da manipulación de ingredientes e da preparación de receitas, xs nenxs reforzan conceptos matemáticos (cantidades, medidas), lingüísticos (comprensión e seguimento de instrucións) e sociais (cooperación, quendas, respecto). Nesta edición especial, o galego está presente como lingua viva, afectiva e cotiá.
A nosa escola defende firmemente un espazo seguro, inclusivo e libre de prexuízos. Contamos cunha política clara de prevención do acoso e promovemos a empatía, o respecto e a convivencia positiva en cada actividade, para que todxs xs nenxs se sintan valoradxs e acompañadxs no seu desenvolvemento.